¡Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Consultaría de políticas públicas especializada en economía social

Proceso produtivo

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


O noso proceso productivo nace da investigación académica e científica a fin de optimizar tanto a creación e elaboración dos nosos servizos como os beneficios que aportan os nosos traballos. Este conta cun estudo das políticas públicas dos distintos niveis da administración para poder facilitar a súa achega ao ámbito local, optimizando os recursos existentes no territorio.

Tras exportar os coñecementos adquiridos e cos datos recollidos, deseñamos un procedemento e unha metodoloxía para a implementación destes plans.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Pasos a seguir no proceso produtivo de LAREGA

  • 1

    ANÁLISE SOCIOECONÓMICO E VÍAS DE FINANCIAMENTO

    Análise socioeconómica do municipio para obter datos que amosen onde debemos incidir na realización do plan. Sumado a isto, ofreceremos vías de financiamento que poidan cubrir unha porcentaxe elevada de gasto do plan.

  • 2

    ANÁLISE DO ECOSISTEMA E GOBERNANZA

    Os nosos plans estarán personalizados para cada territorio, polo que terá importancia o ecosistema de economía social existente así como analizar a gobernanza que poida levar tanto a coordinación como a implementación.

  • 3

    CREACIÓN ABERTA

    Co paradigma do goberno aberto, determinamos a transparencia e a relación entre cidadanía e institucións. Así, a realización do plan virá dada por un proceso de co-creación cos axentes sociais e políticos.

  • 4

    INTEGRACIÓN DAS POLÍTICAS PÚBLICAS

    Daremos impulso a estas políticas para a súa inclusión dentro do panorama lexislativo facendo deste plan unha política 'palanca' cara a consecución de obxectivos maiores, como poden ser o desenvolvemento económico.

  • 5

    IMPLANTACIÓN E ACOMPAÑAMENTO

    No momento da implantación, comeza o proceso de acompañamento e análise para obter datos das accións.

  • 6

    AVALIACIÓN DOS RESULTADOS

    Rematada a vixencia do plan, realizaremos a avaliación de todas as fases do proceso, poñendo especial énfase na consecución dos obxectivos. Será de gran importancia poder medir o impacto que obtivo o plan executado.