¡Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Consultaría de políticas públicas especializada en economía social

Xornada
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Participamos na xornada “Mulleres líderes na Economía Social”


Dende LAREGA acudimos a esta interesante xornada organizada por Espazocoop e o Concello de Santiago sobre o papel das mulleres na Economía Social.

O pasado 1 de outubro, LAREGA asistiu á Xornada «Mulleres líderes na economía social », unha iniciativa realizada dentro do programa de colaboración entre EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela.

Durante este evento, abordáronse temas fundamentais como a conciliación, as dificultades que enfrentan as mulleres para crecer profesionalmente e a súa loita por alcanzar postos de liderado nas entidades.

A presidenta da cooperativa Condes de Albarei e presidenta de AMCAE, María Dolores Calvo, compartiu a súa valiosa experiencia, inspirando a todas as asistentes. As xornadas contaron con dúas mesas de debate moi enriquecedoras. Na primeira, participaron Rosa Salgado (coop Miraxe), Silvia Alende (CEE Accede Social) e Charo González (EIL Cormo Integral), quen discutiron os retos que as mulleres atopan en postos directivos e os avances logrados neste ámbito.

Na segunda mesa, centrada en liderazgos emerxentes, interviñeron Cristina Fiaño (Urdime S.Coop Galega), Claudia Rodríguez (Alén S.Coop galega) e Ana Corredoira (As vacas da Ulloa S.Coop Galega), quen compartiron as súas perspectivas sobre o futuro do liderado feminino e os desafíos que aínda quedan por superar.

Estas xornadas foron unha oportunidade única para visibilizar as capacidades das mulleres para emprender e dirixir proxectos empresariais exitosos, así como para resaltar a contribución do cooperativismo na promoción da igualdade no ámbito laboral. O cooperativismo coloca ás persoas no centro das decisións, o que facilita a conciliación entre a vida laboral e persoal.

Estamos emocionadas de seguir traballando xuntas para que as voces das mulleres líderes sigan sendo escoitadas e para que a súa loita por un futuro máis igualitario continúe.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar