A nosa aposta por un modelo económico sostible e inclusivo recibe visibilidade na sección Emerxentes
Hai uns días, a nosa socia Celia G. Santomé foi protagonista na sección Emerxentes do Diario de Pontevedra. Nesa entrevista, Celia compartiu a nosa visión de futuro, así como o compromiso de Larega co desenvolvemento local e a importancia da economía social na transformación dos territorios.
Esta aparición nos medios supón unha gran oportunidade para visibilizar o noso proxecto, consolidando a nosa aposta por un modelo económico máis sostible, inclusivo e centrado nas persoas. Larega nace coa intención de dinamizar os concellos rurais, mellorando as condicións de vida das persoas e promovendo un desenvolvemento económico xusto e colaborativo.
Queremos agradecer ao Diario de Pontevedra por apoiar proxectos emerxentes coma o noso, que contribúen ao crecemento e mellora do territorio galego.
Se queres saber máis sobre Larega e os nosos próximos proxectos, segue atento á nosa páxina web e tamén ás nosas redes sociais (X, Facebook e Instagram). Moi pronto haberá novas noticias!