Abrimos un camiño cara un futuro máis xusto e sostible, enfocados na transformación social e nas políticas públicas innovadoras.
O que comezou como un soño, hoxe materialízase como unha consultora especializada en economía social e políticas públicas. O noso propósito: poñer ás persoas no centro e contribuír á construción dun mundo máis xusto e sostible.
En LAREGA, cremos que é posible cambiar as cousas, e xa estamos traballando en proxectos que buscan mellorar a vida das comunidades, co compromiso de xerar un impacto positivo e real. Desde as administracións locais ata as organizacións de economía social, acompañamos a quen queren facer do mundo un lugar máis equitativo.
Este é só o comezo da nosa viaxe, un camiño que percorreremos xunto a aquelas que soñan, coma nós, cun cambio auténtico e transformador.