¡Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Consultaría de políticas públicas especializada en economía social

Xornada
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Descubre a Economía Social con LAREGA: O modelo que prioriza ás persoas


A economía social impulsa un modelo económico sostible e inclusivo, priorizando o ben común e a participación democrática nas organizacións.

Con esta publicación, damos inicio a unha serie de noticias divulgativas onde exploraremos temas clave para Larega e o seu compromiso coa comunidade.

Na nosa primeira entrega, falamos sobre a economía social. En Larega como cooperativa, formamos parte activa da economía social, un modelo que promove a solidariedade, a inclusión e o benestar das comunidades.

¿Que é a Economía Social?

A Lei de Economía Social de Galicia define a economía social como un conxunto de actividades económicas e empresariais realizadas por entidades que buscan, ben o interese colectivo dos seus membros, ben o interese xeral económico ou social. Este modelo é fundamental para o desenvolvemento da sociedade actual e inclúe entidades como sociedades cooperativas galegas, mutualidades, fundacións e asociacións con actividade económica, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación ou comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común.

As entidades de economía social fundamentan a súa actuación en valores como a axuda mutua, a responsabilidade, a democracia, a igualdade, a equidade, a solidariedade, a honestidade, a transparencia, a autonomía e a responsabilidade social. Os principios que guían a súa xestión son os seguintes:

  1. Primacía das persoas e do fin social: A xestión é autónoma, transparente e participativa, priorizando a toma de decisións baseadas nas achegas das persoas e no fin social, en vez de no capital.

  2. Aplicación dos resultados económicos: Os beneficios son destinados principalmente a promover o fin social, tendo en conta o traballo e os servizos prestados polos membros, así como o desenvolvemento sustentable.

  3. Promoción da solidariedade: Fomenta a cooperación e o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades, a inserción de persoas en risco de exclusión social, e a xeración de emprego de calidade.

  4. Independencia respecto aos poderes públicos: Mantén a autonomía e a capacidade de decisión.

  5. Compromiso co territorio: Aborda problemas como o despoboamento e o envellecemento no medio rural, buscando inxectar estabilidade e futuro nas comunidades.

  6. Fortalecemento da democracia: Promove a democracia tanto a nivel institucional como económico.

En Larega comprometémonos a traballar baixo estes principios cada día. Como cooperativa, aplicamos a democracia interna para que as decisións sexan tomadas por todas e todos, impulsamos proxectos que respecten o medio ambiente e promovemos iniciativas que xeren emprego inclusivo. Cremos na importancia de construír un modelo económico que priorice o interese común e a equidade.

Queres saber os seus beneficios? Quedas con ganas de máis? Invitámosche a ser parte desta transformación, participando e apoiando iniciativas que promovan unha economía máis xusta e solidaria.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar